A RúaConcellosÚltima hora

A poboación alerta da maleza á beira da estrada no tramo do Camiño de Inverno á entrada da Rúa

Maleza no Camiño de Inverno chegando á Rúa./ Foto cedida.

 

O estado da maleza no tramo do Camiño de Inverno que hai á entrada da Rúa dende Vilamartín de Valdeorras preocupa á poboación, especialmente á que lle gusta camiñar e pensa nos peregrinos. Así o vén de manifestar un veciño de Fontei que mandaba esta imaxe onde se pode ver claramente a altura das malas herbas.

El mesmo explica que tiña qué arranxar un papeis no C.R.D.O. e foi ata Vilamartín dando un paseo. “Xa de volta según se sale do sendeiro que fixo o alcalde de Vilamartín collín a estrada pegándome o máis posible aos pretiles pero resultoume imposible pois toda unha “selva” de herboiros impedíame arrimarme”, conta, asegurando que lle viñeron á mente os peregrinos que veñen por esta ruta que segundo a súa opinión resulta mais cómoda que subir a Pedrazais. “¿Que pensarán de nós?”, di, desexando que os responsables desta estrada se deciden a manter limpo este perigoso percorrido.

Artigos relacionados

Back to top button