Do 13 ao 17 de setembro A Pobra de Trives celebrará por todo o alto as Festas do Cristo e da Dolorosa cun protagonismo especial para o apartado musical que contará con orquestras como Panorama, Galilea ou Florida Band. Por suposto, non faltarán os actos relixiosos, especialmente as procesións do Cristo da Misercordia o día 14 e a da Virxe das Dores o día 17 de setembro, nin trampouco os fogos artificiais.
E precisamente coa actuación da Panorama en sesión de tarde e verbena na Barrerira e a tira de fogos dende o Campo do Agro, arrancará o programa mañá, mércores 13 de setembro.