ConcellosTrivesÚltima hora

A Pobra de Trives acollerá mañá unha das metas voantes da etapa raíña da volta ciclista O Gran Camiño

A alcaldesa, Patricia Domínguez, anima á veciñanza a saír a rúa

 

A Pobra de Trives acollerá mañá, 25 de febreiro, unha das metas voantes da etapa raíña de O Gran Camiño, a volta ciclista profesional galega cunha etapa por provincia. A carreira pasará pola vila a partir das 14:30 horas, en horario estimado pola organización, durante a proba de 163 quilómetros con 3.845 metros de desnivel entre Esgos e Rubiá.

A alcaldesa, Patricia Domínguez, fai un chamamento á veciñanza para que “saia as rúas a gozar do paso da proba, así como a animar aos corredores, que están facendo un enorme esforzo dadas as adversas condicións meteorolóxicas nas que se está a desenvolver, de feito, a primeira etapa, a de onte, tivo que ser suspendida como consecuencia da neve e o frío”, aseguran dende o Concello trivés que colabora coa empresa organizadora deste fermoso evento do ciclismo na etapa tres, etapa raíña, cun marcado carácter solidario, rematando en Valdeorras (tan castigada polos incendios o pasado verán).

Dende o executivo local destacan o orgullo que supón para Trives “ser meta voante desta cita histórica que recupera as carreiras profesionais en Galicia; unha terra que volverá a vibrar co ciclismo de máis alto nivel”. Ademais, dende o Concello agradecen ao profesional do ciclismo Ezequiel Mosquera que permitise que a vila forme parte de esta inigualable experiencia, así como a colaboración constante para que toda a organización sexa o máis perfecta posible.

 

Artigos relacionados

Back to top button