ConcellosÚltima hora

A Pobra de Trives celebra esta fin de semana as Festas do Cristo e da Dolorosa

O programa comeza esta noite con baile a cargo do trío Fussión e unha tirada de fogos artificiais

Procesión do Santo Cristo da Misericordia en Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende hoxe, venres 13 de setembro, e ata o domingo día 15 A Pobra de Trives vestirase de gala para celebrar as Festas do Cristo e da Dolorosa.

O programa abrirase esta noite, a partir das 22h. con festa e verbena a cargo do trío Fussión na praza do Reloxo e xa na medianoite, unha sesión de fogos artificiais a cargo do C.D. Trives. Con todo mañá, 14 de setembro, será o Día do Cristo cun pasarrúas ás 10:30h. a cargo da Banda de Municipal de Música de Celanova e a procesión co Santo Cristo da Misericordia ás 12h. acompañada pola charanga Terras do Bibei, seguida da misa. Xa pola tarde haberá dous concertos na praza do Pilón: un da Coraliña Cantora ás 17:30h. e outro da Banda da Celanova ás 19h. Ás 21h. na rúa San Martín actuará o grupo Days Gone e xa de noite ás 22:15h. a orquestra América de Vigo amenizará o baile.

Ao día seguinte tocaralle o turno á Virxe das Dores. A xornada comezará cun pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Música de Ramirás e ás 12:30h. celebrarase a misa, cantada polo Orfeón Trivés, seguida da procesión da Dolorosa. Pola tarde, a banda de Ramirás dará un concerto na praza do Pilón (19h.) e o grupo Arizona porá o broche á festa coa actuación a partir das 21:30h. na rúa San Martín.

Artigos relacionados

Back to top button