
Despois de tres días de actividades, relixiosas, deportivas e sobre todo musicais, A Pobra de Trives pecha hoxe, domingo 17 de setembro, ás Festas do Criso e a Dolorosa 2023.
A última xornada festivas, adicada á Virxe Dolorosa comezaba cun pasarrúas da Banda de Vilanova dos Infantes. A mesma que amenizaba a misa e posterior procesión polas rúas da vila. A sesión vermú corría por conta da charanga El Tatoo e pola tarde, a banda dara un concerto na praza do Pilón (18:30 horas).
E xa pola noitiña, cara as 21 horas subirase ao escenario na rúa San Martín, a orquestra Florida Band, encargada de poñer o broche musical a catro días de festas.
Fotos e vídeo cedidos.