CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A poesía inaugura a 3ª edición do SilFest Valdeorras, no Barco

A praza do Sagrado acollía o espectáculo “Di-Versos” na praza do Sagrado

A praza do Sagrado do Baerco acollía na tarde-noite do 19 de xullo, a apertura da 3ª edición do SilFest Valdeorras, o festival que fusiona música, gastronomía, natureza, viño, actividades indantís e poesía. E foi precisamente lendo versos, como se daba o pistoletazo de saía a tres días de actividades.

En clave de humor, os artistas valdeorreses Anxo Baranga e Fátima Delgado facían de mestres de cerimonia e co presentadores do espectáculo SilFest “Di-Versos” no que unha decena de afeccionados á poesía subíase ao escenario para recitar poemas, nalgúns casos propios e noutros doutros poetas. O primeiro foi Jorge Moral, despois Asunción Arias, Raúl Sánchez, Sofía Carril, Manuel Caramés, Manuel Agra,… E os valdeorreses, unha vez máis, reivindicaron o Día das Letras Galegas para Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).

E mentres eles recitaban, os asistentes aplaudían e desfrutaban da tarde na terraza do bar Bajo Cinco, ubicado en plena praza onde tamén se vendían camisetas e entradas para o festival que terá continuidade mañá e pasado.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button