OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense detén a dúas persoas por presunto roubo con violencia nun supermercado

 

Na tarde do venres 3 de marzo a Policía Local de Ourense detiña a dúas persoas veciñas da cidade (un home de 33 anos e unha muller de 19), por presunto roubo con violencia nun supermercado.

Tal como explican dende a Policía, ás 12:50 horas, recibían unha chamada na sala de comunicacións, dun presunto roubo con violencia nun supermercado na Avenida de Zamora, número 18. “Trasladáronse alí varias dotacións, se ben os autores, unha parella, xa tería abandonado o lugar. Anteriormente, ao seren sorprendidos cando intentaban roubar, agrediron na súa fuxida a persoal do supermercado”, exlican.

Cos datos solicitados no lugar, os axentes recoñecen aos sospeitosos por ser coñecidos no ámbito policial de sucesos similares e aínda que nun primeiro dispositivo de localización non foron atopados, ás 18 horas eran interceptados na rúa Cruz Vermella, procedendo á súa detención e á instrución de dilixencias xudiciais.

Artigos relacionados

Back to top button