ConcellosTrivesÚltima hora

A Policía Local de Trives amplía as súas competencias en ámbitos como seguridade viaria e atención ás vítimas de violencia de xénero

 

O Concello da Pobra de Trives recuperaba este ano a súa Policía Local, “un servizo que o goberno local se atopara en precario e incluso en perigo de desaparición. Coa incorporación de dous axentes reforzouse o servizo xa que a situación era tan precaria que parte das competencias propias da Policía Local, como as relacionadas co tráfico, tiveron que ser transferidas á Garda Civil”, lembran dende o quipo de goberno trivés.

Agora recupéranse as súa responsabilidades habituais e engádense novas, como as relacionadas coa seguridade viaria ou a atención ás vítimas de violencia de xénero. No primeiro caso, estanse a realizar xornadas nos centros educativos con charlas e actividades para os máis pequenos. No segundo caso, xa se iniciaron os trámites para a incorporación ao sistema VioGén.

Outras das súas competencias ás que agora se poderá prestar a atención precisa é o rexistro de cans perigosos, o departamento de obxectos perdidos ou a regularización dos postos da feira. Neste sentido, xa se emitiron licenzas.

Tamén grazas ao traballo destes axentes elaborouse un informe no que se solicita a instalación de nova sinalización en diferentes puntos da estrada OU-536 en ambos sentidos. Máis en concreto, no informe proponse a instalarase dúas sinales verticais que alerten do paso de ganado no cruce do punto quilométrico 68+990 e no que existe o risco de que os animais invadan a vía.

No punto quilométrico 70+000 colocarase un semáforo en ámbar e un paso de peóns elevado e iluminación viaria co fin de garantir a seguridade. Ao longo deste mesmo punto, no casco urbano, mellorarase a iluminación en outros sete pasos de peóns e elevarase no 70+220. Tamén se colocarán balizas cilíndricas.

Ademais, no punto quilométrico 70+890 en sentido entrada a Trives en dirección Ourense, instalarase un semáforo en ámbar, así como o paso peonil elevado e a iluminación sobre a calzada. A nova sinalización proposta para mellorar a seguridade viaria no concello constará de dous semáforos con fase ámbar intermitente –nunca ata o momento houbera este tipo de sinais luminosas-, dous pasos de peóns elevados, oito pasos de peóns con iluminación led sobre a calzada e na sinalización vertical, catro balizas cilíndricas e dous sinais de alerta sobre o paso de ganado.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button