ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco honrará ao seu patrón, San Mauro, o domingo 15 de xaneiro

A procesión coa imaxe do santo comezará ás 12:30 horas

Procesión de San Mauro antes da pandemia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Neste 2023 que vimos de estrear recupéranse por fin as celebracións tal e como as coñeciamos antes da pandemia. É o caso da festa de San Mauro, patrón da Policía Local do Barco de Valdeorras, que tras dous anos co evento reducido á celebración da misa na igrexa de San Mauro, o vindeiro 15 de xaneiro volverán festexalo por todo o alto con procesión, misa e pinchada, convidando ás autoridades da zona “coma sempre, recuperamos a celebración como tal e despois os compañeiros teremos un xantar coas familias e os convidados máis achegados”, asegura o xefe da Policía Local do Barco.

Así, o vindeiro domingo a imaxe do monxe benedictino sairá de novo polas rúas do casco antigo da localidade valdeorresa a ombros dalgúns dos municipais da vila, sendo custodiada polo resto do corpo de forzas de seguridade local, que encabezarán a comitiva da procesión de traxecto curto.

A procesión será ás 12:30 horas e dez minutos despois comezará a eucaristía presidida polo párroco Jesús Álvarez. Unha vez rematado o acto relixioso a Policía Local do Barco reunirase nun local do casco antigo da vila en torno a un aperitivo xunto a outros compañeiros do gremio e tamén coa corporación mucicipal.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button