ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco identifica a un xove que provocara danos nun portal da praza do Príncipe

 

Na mañá do mércores 30 de agosto, a Policía Local do Barco indentificaba a un xove con domicilio en Vilamartín de Valdeorras “con cortes polo corpo e sangrando tras romper os cristais do portal dun edificio na praza do Príncipe”, tal como indican dende a Policía Local, adiantando que se realizaron as pertinentes dilixencias sendo trasladadas posteriormente á Garda Civil.

 

Vehículos da Policía Local do Barco.

 

“Rompeu o cristal de forma deliberada”, puntualizan dende a Policía que daba aviso ao 061, explicando que “os danos, tendo en conta a cuantía dos mesmos, son delito leve”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button