ConcellosO Barco

A Policía Local do Barco intercepta a un condutor que triplicaba a taxa de alcohol permitida

Vehículo da Policía Local do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na mañá deste xoves 22 de febreiro a Policía Local do Barco de Valdeorras interceptaba a un condutor que triplicaba a taxa de alcohol permitida.

Os feitos tiñan lugar ás 11 horas nun control rutinario da Policía Local no que paraba ao condutor de 56 anos que daba unha taxa de alcohol de 0’89 grs/l aire espirado. “O límite legal é de 0’25 polo que se procedeu a inmobilizar o vehículo abrindo dilixencias ao Xulgado de Instrucción do Barco de Valdeorras”, explican dende a Policía barquense.

 

Artigos relacionados

Back to top button