
O vindeiro luns 27 de marzo celebraras na sede da Asociación Galega de Pizarristas (AGP) en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), unha xornada de seguridade laboral no sector da lousa.
Desenvolverase de 10 a 14 horas e entre os ponentes estarán David Carregal, Garda Civil especialista no sector transportes do Destacamento do Barco de Valdeorras que falará sobre “A estiba da carga”; e Fernando Lozano, xefe da Policía Local do Barco que falará sobre a “Recollida de traballadores do secto no Barco de Valdeorras”.
