ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco persegue e logra deter ao presunto autor dun roubo na vila na madrugada do domingo

 

A Policía Local detivo, na madrugada do domingo, a J.M.G.A, como presunto autor de destrozos na porta dun establecemento situado na céntrica rúa Eulogio Fernandez do Barco, e posterior roubo no seu interior. A detención foi posible despois da recepción dunha chamada avisando dos danos na porta de acceso ao comercio. As dúas patrullas da Policía Local que estaban de servizo durante esa madrugada acudiron ata o lugar, e recibiron información dun cidadán que presenciou os feitos e procedeu logo a seguir ao presunto autor desde o lugar do robo ata a praza do Concello.

Os axentes da Policía Local iniciaron unha persecución a pie para proceder á detención, derribándoo para poder reducilo. A causa da caída, do bolsillo do detido caeron gran cantidade de moedas. Á Policía Local uniuse neste momento unha patrulla da Guardia Civil, que colaborou no traslado do detido ata o Hospital Comarcal Valdeorras para ser atendido dun corte sangrante nunha mano.

A Policía Local do Barco leva aproximadamente un mes investigando a autoría dunha serie de roubos en establecementos comerciais da localidade, perpetrados cun modus operandi idéntico ao rexistrado na madrugada deste domingo e que propiciou a detención de J.M.G.A. A Guardia Civil fíxose cargo do detido, así como das dilixencias correspondentes, para continuar coas averiguacións relativas ao caso.

Artigos relacionados

Back to top button