ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco súmase á campaña especial sobre distraccións ao volante

Farán controis especiais nas rúas da vila entre hoxe, 9 de outubro, e o domingo día 15

Un policía local do Barco de Valdeorrass./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Entre hoxe luns día 9 e o domingo 15 deste mes de outubre, levarase a cabo unha nova campaña de control especial sobre distraccións ao volante por parte da DXT na que participa a Policía Local do Barco de Valdeorras.

“Como fan moitas veces en certas campañas ao longo do ano, convidáronnos, e estaremos seguramente a Policía Local de Ourense e a das vilas máis grandes da provincia no control sobre todo da utilización de móbil ou algún outro dispositivo que impida estar atento á circulación”, explica o xefe da Policía Local do Barco, Fernando Lozano, adiantando que están facendo controis, sobre todo na travesía e distintas rúas do Barco, e “procederemos a denunciar aos infractores”.

 

Artigos relacionados

Back to top button