O pasado día 3 de outubro axentes da Policía Nacional detiñan en Ourense a un individuo acusado dun delito de furto. “O detido subtraera do interior dun vehículo unha riñonera con 2.985 euros e varios terminais móbiles”, aseguran dende a Policía.
Tal como explican dende o propio corpo de seguridade, mañá do 26 de setembro, mentres a vítima realizaba os seus labores de repartición cunha furgoneta de empresa, “era sorprendida por un individuo que se coaba no vehículo e aproveitando un descoido arrebatáballe a riñonera”.
Días máis tarde, a través da axenda de contactos dun dos terminais móbiles, “dous familiares da vítima empezan a recibir mensaxes de Whatsapp onde o remitente indicaba que se atopou un dos terminais móbiles e que o tiña na súa posesión, propoñendo un lugar de contacto para reintegrarllo ao seu lexítimo propietario a cambio de certa cantidade de diñeiro”. Con esta información a vítima poñíase en contacto cos axentes da Comisaría Provincial de Policía Nacional de Ourense que estaban a investigar o furto, iniciando así unha investigación por parte da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial, que lles leva a interceptar tanto á persoa que estaba en posesión do terminal e que pretendía facer o intercambio a cambio de diñeiro, como ao autor do delito de furto, que era detido o pasado xoves.
Finalizadas as xestións tendentes ao esclarecemento dos feitos o detido era posto ao dispor xudicial.