OurenseÚltima hora

A Policía Nacional de Ourense identifica na India ao autor dunha estafa con Bitcoins

 

A Policía Nacional de Ourense vén de informar de que identificaba a un cidadán indio como autor dunha estafa do falso técnico de Microsoft, que estafaría 2.600€ investíndoos en Bitcoins.

“En xuño de 2021 un veciño da cidade denunciou que recibira unha chamada telefónica dunha persoa que afirmaba ser técnico de Microsoft, o cal lle dicía que detectaran a existencia de diverso “ malware” no seu computador, ofrecéndolle facer unha limpeza do mesmo por un importe de 5 euros, a pagar mediante tarxeta bancaria”, segundo informa a Policía Nacional.

Ademais, “durante a conversa esta persoa estivo a facilitarlle diversas páxinas web que non pode lembrar, decatándose nun momento determinado de que podía estar a ser vítima dunha estafa, polo que cortou a comunicación e contactou coa súa entidade bancaria, desde onde lle indicaron que coa súa tarxeta bancaria realizouse contra a súa conta un cargo por máis de 2.600€”, sinala a Policía Nacional.

Tras unha laboriosa investigación por parte do Grupo de Delitos Tecnolóxicos da Comisaría Provincial de Ourense, conseguiuse determinar que o cargo denunciado consistiu nunha compra de bitcoins, logrando finalmente seguir a trazabilidade do diñeiro ata que se fixo efectivo en dúas contas bancarias da India, conseguindo identificar ao seu titular, tamén de nacionalidade india, de 32 anos de idade.

Artigos relacionados

Back to top button