OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a un home por unha agresión con arma branca nun bar de Ourense

 

 

Axentes da Policía Nacional de Ourense procederon á detención dun home por unha agresión con arma branca ocorrida na terraza dun bar da cidade de Ourense. Sobre as 14:00 horas do martes 9 de xuño a Sala 091 recibía unha chamada comunicando que se ha produciu un apuñalamento a un varón na terraza dun bar.

Ata o lugar desprazábanse indicativos da Brigada Provincial de Seguridade Ciudadá e vían “a numerosas personas rodeando unha mesa da terraza e sentado a un varón nunha silla, recoñecendo que é un compañeiro desta Comisaría e que tiña a camisa manchada de sangue e o que parecían dúas puñaladas no abdome, solicitando a presenza dunha ambulancia”, informa a Policía Nacional.

Segundo os datos recabados pola Policía Nacional, un inviduo achegouse por sopresa ao policía nacional, que nese momento non estaba de servizo e atopábase sentado na terraza dun bar acompañado por outras persoas, e apuñalouno dúas veces. Despois deuse á fuga, tirando o coitelo na rúa e deixando caer o seu teléfono móbil. Á vítima era atendida no Centro Médico das lesións, que non alcanzaron órganos vitais.

A partir de aí establecíase un dispositivo de busca e peche para a localización e detención do presunto autor, poñéndose isto tamén en coñecemento da Policía Local. Ás 14:45 o 091 recibía unha nova chamada alertando de que un home de similares características entraba nunha zona de garaxes do barrio do Pino, lugar ao que acudían as dotacións da Policía Nacional e Policía Local.

Alí era localizado nun trasteiro o home buscado e procedíase á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais para continuar coas xestións oportunas. Trátase dun ourensán de 40 anos de idade do que constan 17 detencións anteriores, segundo informa a Policía Nacional. Pasará a disposición xudicial.

Artigos relacionados

Back to top button