OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a unha persoa por presunto de delito de roubo con forza nas cousas

O detido forzou en varias ocasións o caxetín de recadación da máquina de aspirado dunha gasolineira da cidade

 

Axentes da Policía Nacional detiñan o día 13 de xullo a unha persoa na cidade de Ourense por un presunto delito de roubo con forza nas cousas. O detido utilizou unha panca para violentar, en días sucesivos, o caxetín de recadación dunha das máquinas de aspirado dunha gasolineira da zona sur de Ourense para apropiarse da recadación.

“Durante os meses de xuño e xullo, o detido estaría forzando as máquinas de aspirado para facerse coa recadación do día, provocando con iso, ademais do prexuízo económico propio do roubo, elevados danos materiais nas instalacións da gasolineira”, segundo informa a Policía Nacional.

A Comisaría Provincial de Ourense ten establecidos diversos dispositivos de actuación contra os roubos con forza en establecementos da cidade, nos que se inclúen medidas de prevención e que contan coa participación de diversas unidades.

Froito da investigación levada a cabo no marco dos devanditos dispositivos, detectouse nun dos barrios da cidade a dous individuos, un dos cales foi identificado como presunto autor dos roubos con forza na gasolineira.

Posteriormente foi detido pola Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense e trasladado a dependencias policiais, para a súa posta a disposición xudicial.

Artigos relacionados

Back to top button