OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a unha persoa por roubo no interior dun comercio de Ourense

O detido accedeu ata o local escalando a fachada e entrando pola xanela do establecemento

 

Axentes da Policía Nacional detiñan o día 27 de setembro a unha persoa na cidade de Ourense por un presunto delito de roubo en establecemento. “O individuo entraría ao local axudándose dun letreiro situado na fachada do edificio para escalar e chegar ata a xanela das oficinas do local, situadas na entreplanta. Tras tentar forzar a xanela sen conseguilo, fracturouna para acceder ao interior, apropiándose segundo o denunciante dunha cantidade de diñeiro en metálico que ascendía a uns 750 euros”, tal e como se indica dende a Policía Nacional.

A Comisaría Provincial de Ourense ten establecidos diversos dispositivos de actuación contra os roubos con forza en establecementos da cidade, nos que se inclúen medidas de prevención e que contan coa participación de diversas unidades.

Os axentes de Policía Nacional desprazábanse inmediatamente ao lugar dos feitos e, tras entrevistarse co propietario de local e comprobar as características físicas do autor, localizaban nos arredores, nunha rúa próxima, ao presunto autor do roubo. “Procédese nese momento á detención do sospeitoso sendo trasladado a dependencias policiais tras o cal pasou a disposición xudicial”, indica a Policía Nacional.

Artigos relacionados

Back to top button