OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a dous individuos como autores dun delito de roubo con violencia e intimidación

 

 

O 29 de febreiro, axentes da Policía Nacional procedían á detención de dous individuos como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación, que tiña lugar o pasado día 21 de febreiro na Avenida de Santiago, en Ourense, cando “sobre as 03:00 horas a vítima trataba de acceder ao portal do seu domicilio”.

Tal como aplican dende Policía, a vítima transitaba en solitario e non había ninguén nas inmediacións que puidese prestarlle axuda. “Cando o denunciante trata de acceder ao portal do seu domicilio un dos agresores evita o peche deste accedendo ambos os asaltantes ao interior. Ameazan á vítima exhibindo unha arma branca de grandes dimensións que colocan á altura do seu ventre, pero sen chegar a ferirlle, á vez que lle esixen que lles entregue o diñeiro que levaba encima, polo que este failles entrega do seu teléfono móbil”, explican.

Tras as investigacións policiais, os investigadores logran a identificación, localización e detención dos dous asaltantes e “unha vez realizadas todas as xestións e dilixencias tendentes ao esclarecemento dos feitos por parte da unidade investigadora, os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Un de Ourense, en funcións de garda, que decreta o ingreso en prisión de ambos”.

Artigos relacionados

Back to top button