OurenseÚltima hora

A Policía Nacional presenta en Ourense as novas directrices do Plan Director do curso 2023/2204

 

A Delegación de Participación Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense convocou aos centros educativos da cidade a unha reunión informativa nas instalacións policiais.

O Comisario Xefe abría na mañá deste venres 6 de outubro o acto dirixindo unhas palabras aos asistentes e agradecendo en primeiro lugar a boa acollida da convocatoria, resaltando o interese da comunidade educativa ourensá e o seu gran labor.

Na reunión, que contou coa presenza da Inspectora de Educación, María Teresa Vázquez Montes, resaltáronse as novas liñas de formación que introduce a nova Instrución Nº 6/2023 da Secretaria de Estado de Seguridade, sobre o “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas”.

O obxectivo da referida Instrución, é responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e mozas no centro educativo e a súa contorna, fortalecendo a cooperación policial coas autoridades educativas nas súas actuacións, para mellorar a convivencia e a seguridade no ámbito escolar, reforzando o coñecemento e a confianza nos Corpos Policiais.

Artigos relacionados

Back to top button