OurenseÚltima hora

A popular do San Martiño de Ourense requirirá pechar ao tráfico numerosas rúas da cidade o domingo pola mañá

Anterior edición da San Martiño./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

A carreira popular do San Martiño requirirá pechar ao tráfico pasado mañá, domingo, 10 de novembro,  numerosas rúas das cidade. O dispositivo deseñado pola Policía Local do Concello de Ourense prevé que os primeiros cortes se produzan ás 5 horas, nas rúas Pardo de Cela, a Ponte do Milenio e a Glorieta Nexus (cos seus accesos). Ás 10 horas levarase a cabo o segundo corte, que afectará a todo o circuíto e se manterá até o remate da proba.

Itinerarios e horarios

11 horas. Saída da carreira absoluta: Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Praza da Estación, avenida de Marín, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijoo, Lugo, Fernández Oxea, Galicia, Ramón Puga, Nosa señora da Saínza, avenida de Zamora, avenida de Zamora (sentido contrario), Progreso, Marcelo Macías, Avenida de Portugal, Vila Real, Ensino, Goya, Jesús Soria, Ervedelo, Doutor Fleming, Tras Alameda, Progreso. Meta na Praza de Concepción Arenal.

12:15 horas. Saída da carreira Sub18, Sub16, Sub14. Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, avda. Santiago, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijoo, Lugo, Progreso, Meta na Praza de Concepción Arenal.

12.45 horas. Saída Sub12. Ponte do Milenio, Glorieta Basilio Álvarez-Xesús Pousa, Ponte do Milenio.

13 horas. Saída Sub10. Ponte do Milenio, Glorieta Basilio Álvarez-Xesús Pousa, Ponte do Milenio.

13:15 horas. Saída Inclusiva. Ponte do Milenio, Glorieta Basilio Álvarez-Xesús Pousa, Ponte do Milenio.

 

 

Recomendacións:

A Policía Local solicita que as persoas condutoras traten de evitar circular ou acceder ao circuíto intres antes dos horarios previstos nos cortes de tráfico e que, en caso de necesidade, traten de facelo por itinerarios alternativos que deben ter previstos antes do evento.

Entre eles destacan:
– Ponte da Presa de Vella, Oira, Ponte do Ribeiriño para cruzar o río para a zona centro-norte.
– O Polvorín, Manuel Murguía, A Farixa para a zona sur-oeste.
– Barrio de San Francisco e parcialmente Nª Sra. da Saínza para a zona leste.

En todo caso é importante lembrar que non se poderá acceder ás arterias principais da cidade: O Progreso, avenida de Zamora, Curros Enríquez, A Habana (parcialmente), avenida de Marín, Vicente Risco ou As Caldas.

Artigos relacionados

Back to top button