ConcellosPetínÚltima hora

A Portela (Petín) celebra a súa I Festa do Caldo en pleno Entroido

 

Tralo éxito doutras iniciativas como as festas patronais ou o concurso de decoración de Nadal, a Asociación A Rabiosa da Portela (Petín) decidían organizar unha cita gastronómica en pleno Entroido.

Nacía así a I Festa do Caldo que, no mediodía deste soleado e caluroso sábado 18 de febreiro, reunía a veciños do pobo e tamén da contorna na praza.

Ademais do xantar, na xuntanza non faltaron os disfraces, o toque do Folión de Quintela de Edroso e tamén os sorteos de diferentes produtos.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button