OurenseÚltima hora

A praza de abastos de Ourense podería acoller unha piscina termal

Os técnicos do Concello e da empresa consideran o proxecto "viable"

A praza de abastos, actualmente en obras. / Foto: cedida.

 

O Concello de Ourense está a valorar a posibilidade de habilitar o soto do edificio da praza de abastos para albergar unha piscina termal. O rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, destacou que esta iniciativa “iría en contraposición coa idea orixinal de implantar nesa zona un supermercado” creando así “un espazo termal monumental e algo espectacular, que se pode dicir que sería único en toda España”.

Pérez Jácome mantivo hoxe, 19 de agosto, unha xuntanza cos técnicos municipais e a empresa que executa as obras de rehabilitación do edificio. De materializarse a idea, esta piscina complementaría o uso gastronómico e de venta de produtos frescos na futura praza de abastos.

O alcalde tamén sinalou que, no caso de modificarse o proxecto, manteríanse os prazos de execución previstos que xa tiveron retrasos derivados da pandemia do coronavirus e a ocupación ilegal de varios espazos do inmoble.

 

Artigos relacionados

Back to top button