DeportesÚltima hora

A preinscrición nos campamentos de Vilarbó 2025 será o 9 de xuño na oficina de Deportes do Concello do Barco

 

 

O vindeiro luns, 9 de xuño, abrirase a preinscrición nos campamentos intermunicipais na Natureza que se celebran no mes de xullo na localidade de Vilarbó (Pontedeme, A Coruña), para nenos e mozos do concello do Barco de Valdeorras. Os interesados poden elixir entre o campamento Multiaventura e o Robinson, con 20 prazas no primeiro e 15 no segundo.

O Multiaventura está destinado a nenos de entre 12 e 17 anos, e celebrarase entre o 5 e o 16 de xullo. O prezo deste campamento é de 314 euros. O Robinson destínase a nenos de entre 7 e 11 anos, ten un prezo de 221 euros, e celebrarase entre o 22 e o 29 de xullo. Nos dous casos, os nenos participarán en actividades deportivas de auga, volei, xogos, obradoiros…

A preinscrición poderá realizarse entre as 9 e as 14 horas, ben presencialmente, ben chamando por teléfono ao 988 320 202, extensión 2008. O martes 10 de xuño, ás 14 horas, celebrarase unha reunión para o reparto de prazas. Será no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Barco de Valdeorras, e, no caso de que o número de preinscricións sexa superior ao de prazas, procederase a un sorteo para a súa adxudicación.

 

Artigos relacionados

Back to top button