EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A presentadora de televisión Esther Estévez será a pregoeira da XVI Feira do Viño de Monterrei

A presentadora Esther Estévez.

 

A XVI Feira do Viño de Monterrei terá á presentadora de DígochoEu (TVG) Esther Estévez Casado, como a encargada de realizar o pregón que dará inicio ao evento máis destacado neste territorio vitivinícola, enmarcado dentro dos actos previstos para a xornada inaugural da feira.

Despois da celebración da Confraría dos Viños de Monterrei, na Igrexa Parroquial de Verín, terá lugar a inauguración oficial da nova edición desta feira do viño. Será o 11 de agosto, a partir das 20 horas, na praza Maior de Verín. Durante a mesma, Esther Estévez exaltará os brancos e tintos da denominación, ademais de destacar a importancia da viticultura na comarca.

Estévez Casado naceu en Verín no ano 1997, onde viviu ata que foi á universidade graduándose en Xornalismo pola USC no 2019. Ese mesmo ano comezou a traballar nas redes da TVG. En xaneiro de 2020 naceu DígochoEu co obxectivo de aprender algo novo sobre o galego a diario. Con este proxecto xa recibiu numerosos recoñecementos, como o de Mellor Comunicadora nos Mestre Mateo nos anos 2022 e 2023.

 

Artigos relacionados

Back to top button