
Ante as condicións climatolóxicas adversas previstas para este xoves 23 de xuño, que non permitirían desenvolver o evento con normalidade (ao aire libre), a Asociación Sabugueiro da Rúa Vella decidía aprazar a paella popular prevista para a noite de San Xoán, no campo de San Roque.
Dende a organización informan de que “todas as persoas que teñen entrada poderán pasar por onde a mercaron para que lle devolvan os cartos”, adiantando que a nova data do evento será anunciada máis adiante.
