
Malia o elevado caudal do río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras as troitas están moi activas neste inicio da tempada 2024.
Así o aseguran dende o Club Spinning Valdeorras amosando o fermoso exemplar pescado por un dos membros máis novos, Mateo Prada de 8 anos, na tarde do domingo 18 de marzo, primeira xornada de pesca, que máis tarde era devolto ao río, fomentando a pesca sen morte que practican e defenden dende o club.
Mateo devolvendo a troita ao río Sil: https://youtube.com/shorts/OmChsyUMkOc?feature=share
Foto e vídeo cedidos.