DeportesÚltima hora

A primeira cronoescalada da “Ceritizit Challenge by La Vuelta 2021”, nas Terras de Trives

 

Na mañá deste venres 3 de setembro, a Estación de Montaña Manzaneda acollía a primeira cronoescalada da historia da Ceritizit Challenge by La Vuelta 2021, a Volta Ciclista a España Feminina, cun total de 7,3 quilómetros de subida e un desnivel acumulado de 424m.

Annemiek Van Vleuten foi a protagonista indiscutible do día, sendo o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar e a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, os encargados de entregar o merecido premio á gañadora dunha crono na que cortaban a cinta a alcaldesa de Trives e o alcalde de Manzaneda Amable Fernández.

Ao evento acudiu tamén o alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez, así como varias autoridades e un público entregado organizado pola Garda Civil de Tráfico é a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil dos dous concellos.

A ronda española continúa hoxe coa terceira etapa: Estación de Manzaneda-O Pereiro de Aguiar, 107,9 quilómetros de media montaña.

Fotos: La Vuelta.
Vídeo cedido.

 

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-estacion-de-montana-manzaneda-protagonista-da-cronoescalada-da-volta-a-espana-feminina/

Artigos relacionados

Back to top button