OurenseÚltima hora

A primeira reserva internacional fluvial da UE, nos ríos Troncoso e Leboreiro.

Esta iniciativa presentábase en Ourense no marco da xornada de peche do proxecto Carisma
O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, intervindo na xornada.
O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, intervindo na xornada.

Por primera vez “en Europa, administracións de diferentes países puxéronse dacordo para protexer e poñer en valor ríos compartidos”. Con estas palabras o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, referíase o 26 de setembro en Ourense á iniciativa do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) de impulsar a declaración da primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea, entre España e Portugal, para os ríos transfronteirizos Troncoso e Laboreiro.

Este anuncio facíase na inauguración da xornada de peche do proxecto de Calidade Ambiental das Reservas Naturais Fluviais Internacionais de Medio Acuático (CARISMA), que promove esta declaración, e que ten sido desenvolvida no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, que fomenta o desenvolvemento das zonas limítrofes de ambos países.

O Magrama, a través de la Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, vén coordinando este proxecto, no que tamén teñen tomado parte socios como a Administración Hidrográfica do Norte de Portugal e a Câmara de Melgaço. O seu orzamento é de máis de 2 millóns de euros e cuenta co informe favorable do Consello da Agua da demarcación Miño-Sil, que xa ten informado a favor desta proposta de declaración de Reserva Internacional Fluvial.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button