CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

A primeira vitoria da tempada en casa do CD Barco, ante o Silva SD

Co 3-0 remataba o partido disputado na tarde deste sábado 29 de outubro en Calabagueiros

 

Os afeccionados puderon por fin celebrar a vitoria en casa do CD Barco. Tiveron que esperar ata a sétima xornada de liga, pero na tarde deste sábado 29 de outubro, Calabagueiros vía por fin vencer ao equipo vermello ante un Silva que pouco pudo facer.

 

 

O partido, un dos da xornada en Terceira RFEF adiantado, enfrontaba no Barco a un conxunto local necesitado dos tres puntos para afastarse dos postos de descenso e a un visitante que se mantiña nos postos de promoción. Unha diferenza considerable na táboa que non se reflectiu no terreo de xogo, onde os de Javier Rey demostraron unha maior solidez sobre o campo mollado.

 

 

Os valdeorreses adiantábanse no marcador co tanto de Júnior no minuto 32, nunha primeira metade na que “mandaron e tiveron ocasións de aumentar a conta, con balón ao pau incluído”, aseguran dende o club. Xa na segunda metade, tralo paso polo vestiario, os visitantes quixeron adiantarse pero os locais non perderon o sitio e aproveitaron ben as súas opcións. Primeiro, cun disparo no minuto 68 de Óscar e máis tarde, de Pazos que sentenciaba o encontro no 80′.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button