ConcellosEn portadaGalerías de fotosTrivesÚltima hora

A procesión da Soidade percorre as rúas da Pobra de Trives

 

Coa apertura da igrexa ás nove da mañá, arrincaba na Pobra de Trives o Venres Santo, n dos días máis significativos da semana na que se conmemora a paixón de Cristo dende a entrada en Xerusalén ata o momento da súa resurreción.

 

 

 

Os actos da parroquia comezaban en torno ás 12h. co Viacrucis dentro da igrexa parroquial mantendo o Monumento ata as 13h. momento no que se procedía a pechar o templo. Ás oito da tarde tiña lugar a celebración da oración ante a Cruz que permanecía exposta ata as dez da noite, cando comezaba o acto central do día: a procesión da Soidade co Santo Enterro cuxa comitiva encabezada pola Virxe das Dores, percorría as rúas da Pobra de Trives, iluminadas con veas e cirios. A colecta deste día é para Santos Lugares.

 

 

Coma sempre, a Confraría poñía á venda cirios e candeas para a xente que non levara de casa.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button