



























































Multitude de persoas participaban no mediodía deste domingo 4 de xuño na celebración da Romaría do Pai Eterno en Lardeira (Carballeda de Valdeorras). O acto central era a procesión co Pai Eterno e da Virxe, na que por tradición os fieis pasan por debaixo da imaxe, formando unha longa ringleira.
https://youtube.com/shorts/f_FcwCjpPoc?feature=share
Despois tiña lugar a celebración relixiosa, oficiada polo párroco, Juan José Prieto, e polo bispo emérito de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, ademais de por outro sacerdote. Durante a eucaristía interpretábanse os tradicionais “Gozos” do Pai Eterno, no que cantan, por separado, homes e mulleres.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.
5 de Xuño de 2023