A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A procesión do Resucitado pon o broche á Semana Santa na Rúa Vella

O encontro entre a Virxe e Cristo resucitado marca o final dos actos na parroquia de Santo Estevo

 

A imaxe de Cristo resucitado sae da igrexa seguida polos homes. De contado sae a imaxe da Virxe coas mulleres detrás, xuntándose no adro. Aí mentres os homes manteñen a imaxe de Cristo en alto, as mulleres cambian o manto negro da Virxe polo dourado, para celebrar o encontro co seu fillo resucitado, ao tempo que as nenas lle recitan uns poemas. Despois, todos xuntos regresan ao interior da igrexa para celebrar a misa de Resurrección.

Con este sinxelo pero emotivo acto no mediodía deste Domingo de Pascua, 17 de abril, poñíase o broche á Semana Santa na parroquia ruesa de Santo Estevo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button