En portadaÚltima horaVídeos

A procesión do Santo Enterro percorre O Barco

 

Da igrexa barquense de San Mauro saía ás sete e media da tarde deste Venres Santo a procesión do Santo Enterro. Numerosas persoas facían este percorrido en silencio, acompañando ás imaxes de San Xoán, a Verónica, a Dolorosa, o Nazareno e o Cristo neste Venres Santo.

Esta procesión facía un longo percorrido. Dende San Mauro ía en dirección ao centro da vila do polas rúas  Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación, e novamente Eloi Rodríguez Barrios ata, finalmente, regresar á igrexa parroquial.

Con este culto conclúe a xornada do Venres Santo na vila do Barco. No seu percorrido a Policía Local encargábase de regular o tráfico. Para ás dez da noite tamén deste venres está prevista a denominada procesión “dos Caracois”, xa na vila do Castro.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button