En portadaÚltima hora

A procesión dos Fachós de Castro Caldelas, con case 3 séculos, non sairá o 19 de xaneiro

Publicidade
Imaxe da procesión dos Fachós de Castro Caldelas, no 2020./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As chamas dos Fachós non percorrerán o 19 de xaneiro “entre lusco e fusco” as rúas do casco antigo de Castro Caldelas. Esta tradición, con cando menos 270 anos de celebración continua, vén de ser suspendida polo Concello ante a situación sanitaria derivada da pandemia do Covid-19.

“Por primeira vez dende o ano 1751 os Fachós non alumearán a noite caldelá o 19 de xaneiro. Fáltannos verbas para describir o sentimento de tristura que teñen todos os caldelaos por non poder celebrar a “Procesión de Lume” na honra de San Sebastián, degustar os chourizos e o viño novo, a queimada, os “Vivas”, a música e a ledicia de compartir esta tradición ancestral cos milleiros de persoas que sempre nos acompañan”, tal e como anunciaba o Concello de Castro Caldelas a través das redes sociais.

Ademais, a edición do 2021 sería a primeira tras a declaración do Fachós como Festa de Interese Turístico Galego.

Artigos relacionados

Back to top button