OurenseÚltima hora

A produtora inglesa Globetrotter TV roda na provincia un capítulo de “Amazing Spa Towns of Europe”

 

A produtora do Reino Unido Globetrotter TV atópase rodando na provincia de Ourense un capítulo de “Amazing Spa Towns of Europe”, serie que vén reproducindo en Amazon Prime e noutras plataformas da internet con máis dun millón de espectadores.

Esta acción forma parte do traballo da Asociación Europea de Cidades Termais con Patrimonio Histórico, da que forma parte a provincia de Ourense, e que é un itinerario europeo que está certificado polo Consello de Europa.

A xornalista británica Ellen Coughlan é a condutora desta serie que centra este capítulo no patrimonio termal de España, no que Ourense terá especial protagonismo.Esta rodaxe inclúe dous días de gravación en enclaves termais tan importantes como Verín e a cidade de Ourense, ademais doutros atractivos turísticos na Vía da Prata, como Cea e O Carballiño.

 

Artigos relacionados

Back to top button