
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra neste martes 8 de setembro oito casos activos máis de Covid, chegando aos 467 casos, segundo a actualización de datos que a Consellería de Sanidade vén de facer pública nesta mañá.
Dese total de 467 pacientes, 36 están hospitalizados (deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos) e 431 a seguemento a domicilio. O Hospital Universitario de Ourense ten 30 pacientes ingresados en planta e 5 en UCI, mentres que Verín mantén 1 ingreso en planta e o Hospital de Valdeorras segue libre de coronavirus.
Na provincia de Ourense lévanse feito un total de 46.872 probas PCR, das cales 165 realizáronse nas últimas 24 horas.