OurenseÚltima hora

A provincia de Ourense promociona a súa oferta de turismo de reunións, no Global MICE Forum

 

A provincia de Ourense, a través do Inorde, vén de dar a coñecer a súa oferta de turismo de reunións ao segmento asociativo de España, no marco do Global MICE Forum, celebrado do 4 ao 6 de xullo no Eurostars Gran Hotel A Toxa. Trátase dunha iniciativa asociativa, que vai xa pola súa terceira edición, que reuniu a oferta e demanda de Congresos e Reunións das asociacións nacionais.

Nesta ocasión, grazas ao apoio da Xunta de Galicia, xuntas directivas de asociacións e sociedades médicas, científicas, exportadores, agrupacións e de representantes doutros sectores organizadores de congresos a nivel nacional, participaron como “hosted buyers” (compradores invitados) dos máis importantes destinos de España.

Durante estas tres xornadas de intenso traballo, o Inorde tivo a oportunidade de amosar o potencial que ten neste sector turístico MICE, a provincia de Ourense, a través das 23 reunións que se mantiveron con representantes de distintas asociacións e prescriptores das 40 asociacións invitadas. Así mesmo, asistiuse a unha mesa redonda cos principais stakeholdersdo sector acompañadas con visitas a distintos enclaves turísticos da Illa da Toxa e de Pontevedra.

 

 

A participación no Global MICE Forum permitiu, polo tanto, establecer sinerxías neste sector con oportunidades de networkinge de promoción da provincia a estes potenciais organizadores de Congresos. Finalizado este evento, o Inorde organiza, a partir de hoxe, un post-tourcon 11 das asociacións nacionais que tamén participaron neste encontro que están interesadas en realizar os seus vindeiros eventos na provincia, para amosarlles a potencialidade que ten Ourense como destino MICE, cun variado programa de actividades que os levará a lugares como o Ribeiro, a Ribeira Sacra, Allariz ou a cidade.

A iniciativa estivo dirixida a suppliersespecializados en Congresos de toda España: ConventionBureaux, Palacios de Congresos, auditorios, hoteis con centros de convencións de gran capacidade e proveedores de servizos complementarios para congresos.

Artigos relacionados

Back to top button