En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 1.699 casos activos de Covid, 187 menos que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 140 persoas hospitalizadas en planta (13 deles no Hospital Valdeorras) e 18 en UCI, segundo Sanidade

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de descenso nas cifras de casos activos de Covid-19 na provincia. Así a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 1.699 pacientes con infección activa, 187 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 10 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén baixan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 56 (fronte aos 72 de onte).

Ademais nesta xornada descenden os ingresos, hai 140 persoas hospitalizados en planta (8 menos que onte) e 18 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). O Hospital de Valdeorras rexistra 13 ingresos de pacientes en planta (a mesma cifra que onte), mentres o Hospital de Verín segue con 5 ingresos e o Hospital Universitario de Ourense ten 119 en planta (6 menos) e 18 na Unidade de Coidados Intensivos (o mesmo dato de onte). Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso (2 menos que onte) en planta e o Centro Médico El Carmen 2.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 14.164, con 12.077 curados e 388 falecidos (Sanidade notificaba onte 2 novos falecementos). Polo de agora lévanse realizado 193.224 probas PCR e 95.006 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button