En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 812 casos activos de Covid, 13 menos que onte

O Hospital de Valdeorras mantén 9 ingresos, o de Verín ten 4 e o de Ourense 76, segundo Sanidade

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Seguen diminuíndo as cifras de casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, con 812 casos (13 menos que onte), segundo os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 15 de novembro). Deste total, 77 están hospitalizados en planta (7 máis onte) e 12 en UCI (a mesma cifra que onte). E tamén se aprecia un lixeiro descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 36 (fronte aos 39 de onte).

O Hospital de Valdeorras mantén 9 hospitalización en planta, mentres que o Hospital de Verín sobe a 4 (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 64 (4 máis que onte) en planta e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.150, con 6.068 curados e 269 falecidos (os dous últimos, comunicados onte, un home de 94 anos no seu domicilio na Rúa e unha muller de 85 anos no Hospital de Ourense). Polo de agora lévanse realizado 105.717 probas PCR.

9.110 casos activos en Galicia, 444 menos que onte

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.110 (444 menos que onte), deles 1.840 son da área da Coruña, 1.042 da de Lugo, 812 da de Ourense, 1.233 da de Pontevedra, 2.361 da área de Vigo, 1.036 da de Santiago, e 786 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 110 están en UCI, 500 en unidades de hospitalización e 8.500 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 35.628 persoas curadas, rexistrándose 1.069 falecementos. O número de PCR realizadas é de 805.044.

 

Artigos relacionados

Back to top button