
A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nos últimos días en Galicia de cinco persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 89 anos que falecía o 19 de xaneiro no Hospital de Ourense e dunha muller de 87 anos, que falecía o 20 de xaneiro na Residencia San Martiño de Nogueira de Ramuín.
Ademais o 19 de xaneiro perdía a vida un home de 87 anos no seu domicilio da área sanitaria da Coruña e Cee (A Coruña) e o 20 de xaneiro unha muller de 99 anos no Hospital da Mariña e un home de 75 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
As cinco persoas falecidas presentaban patoloxías previas.