Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento en Galicia doutras sete persoas diagnosticadas por coronavirus, seis delas na provincia de Ourense. Trátase de dous homes de 92 e 84 anos (procedentes da residencia Val de Monterrei) e dun home de 97 anos que estaban ingresados no Hospital de Verín, así como de dous homes de 77 e 92 anos e dunha muller de 90 anos (procedentes da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar) que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Todos eles presentaban patoloxias previas.
Ademais perdía a vida unha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que tamén presentaba patoloxías previas.