En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia ten 2.409 casos activos de Covid, 169 menos que onte, e baixan as hospitalizacións

O Hospital P. de Valdeorras rexistra 8 ingresos, o de Verín 14 e o de Ourense 138, segundo Sanidade

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Oitava xornada consecutiva de descenso na curva do Covid-19 na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.409 pacientes con infección activa, 169 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 5 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén baixan lixeiramente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 61 (fronte aos 96 de onte).

En canto aos ingresos, hai 145 persoas hospitalizados en planta (11 menos que onte) e 17 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte). O Hospital Público de Valdeorras rexistra baixa a 8 ingresos de pacientes en planta (3 menos que onte), o Hospital de Verín sobe a 14 ingresos (1 máis que onte), ademais o Hospital Universitario de Ourense ten 121 en planta (8 menos que onte) e 17 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte). Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 2 ingresos en planta (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 13.844, con 11.062 curados e 375 falecidos (3 máis que onte). Polo de agora lévanse realizado 184.131 probas PCR e 89.063 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button