En portadaÚltima hora

A provincia ten 2.949 casos activos de Covid, 14 menos que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 171 persoas hospitalizadas en planta (3 máis que onte), 6 delas no Hospital de Valdeorras, e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte), segundo Sanidade

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Leve descenso, por segundo día consecutivo, nas cifras do coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.949 pacientes con infección activa, 14 menos que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 30 de xaneiro. Sen embargo, volven subir os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 142 (fronte aos 96 de onte).

Tamén repuntan os ingresos. Así rexístranse con 171 persoas hospitalizados en planta (3 máis que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa con 6 ingresos en planta e o Hospital de Verín con 13 ingresos en planta, ademais o Hospital Universitario de Ourense ten 148 en planta (2 máis que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte). A Clínica Santa Teresa ten 2 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen 2 en planta (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 13.169, con 9.869 curados e 351 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 176.168 probas PCR e 83.816 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button