DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A regata provincial da Rúa reúne a uns 150 padexeiros ourensáns

Esta cita, organizada polo Club Fluvial Barco en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e co Concello da Rúa, comezaba ás 11:30h no encoro de San Martiño

As augas do encoro de San Martiño na Rúa acollen dende ás 11:30h. deste domingo 26 de agosto a derradeira regata da Copa Deputación de piragüismo coa participación duns 150 padexeiros de cinco clubs ourensáns: o Fluvial Allariz, o Fluvial Barco, a “Escuela Orensana de Piragüismo”, o Muíños o Fluvial Avión.

A regata abrangue as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veterano, tanto masculinas como femininas.

Esta proba está sendo organizada polo Club Fluvial Barco en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e co Concello da Rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button