ConcellosÚltima horaVerín

A remunicipalización do Servizo de Augas e Saneamento de Verín ofrecerá unha xestión directa “máis sostible e eficiente”

O pleno verinés aprobaba definitivamente a remunicipalización do servoz de augas e saneamento do concello

 

A Corporación verinesa celebraba esta mañá un pleno extraordinario no que se aprobaba definitivamente a remunicipalización do Servizo Municipal de Augas e Saneamento, co obxectivo de realizar una xestión directa “máis sostible e eficiente”.  Así, este 15 de marzo marca a materialización da remunicipalización do mesmo, supoñendo “a recuperación da súa xestión directa que actualmente estaba en mans da empresa concesionaria de forma indirecta. Este logro foi posible tras chegar a un acordo con devandita entidade privada, coa cal se pactou o pago dunha suma de 875.000 euros, distribuída en catro cuotas anuais. Este montante comprende o canon adiantado no momento da privatización, os intereses correspondentes, o valor do inmobilizado material da empresa concesionaria e unha compensación polo lucro cesante”, destacan dende o grupo de goberno de Verín.

Este importe será financiado coa xeración de ingresos do servizo de auga municipalizado, que se estima en 500.000 euros anuais nos vindeiros catro exercicios. “A recuperación deste servizo permitirá ao Concello de Verín corrixir as deficiencias estruturais na rede de saneamento que están a provocar o deterioro ambiental do río Támega e dificultan a prestación dun servizo óptimo á cidadanía”, indicaba o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

A remunicipalización eficiente dos servizos públicos municipais (como se fixo anteriormente co servizo de axuda no fogar, limpeza, aparcamento soterrado e mantemento da depuradora; e agora co servizo de augas) e a súa modernización en beneficio económico e servizo ao cidadán “foron dous dos obxectivos primordiais do actual goberno municipal desde o seu inicio e parte fundamental do seu compromiso electoral”, aseguran.

Na sesión plenaria tamén se aprobaron outros asuntos como o convenio de colaboración entre a Garda Civil e o Concello de Verín pola cesión temporal de uso das instalacións públicas da antiga Praza de Abastos; e o recoñecemento extraxudicial de créditos 2/2024 referente ao pagamento de facturas pendentes por valor de 40.000 euros

Artigos relacionados

Back to top button