En portadaÚltima hora

A revista de viaxes de “National Geographic” olla cara a Ribeira Sacra

No seu último número aborda as rutas de sendeirismo de Parada de Sil, especialmente a que transita entre o Canón do Sil e Santa Cristina
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil./ Foto cedida.

A recoñecida revista “Viajes/National Geographic” pon o foco no seu último número na Ribeira Sacra. Na reportaxe “Ribeira Sacra, la escapada perfecta esta primavera” aborda, entre outro lugares, as rutas de sendeirismo de Parada de Sil, especialmente a PR.G 98, que discurre ó longo de pouco máis de 28 quilómetros entre o Canón do Sil e Santa Cristina, dende a que se poden ver miradores, bosques con carballos, érbedos ou soutos como o que acolle o castiñeiro milenario de Entrambosríos -catalogado como árbore senlleira- e os espectaculares bancais con viñedos.

Esta publicación especializada tamén subliña na reportaxe a pasarela do río Mao, entre a Fábrica da Luz e Barxacova. “A pasarela, como tal, é un paseo construído en madeira que conta con rampas e mirador, aproveitando un antiguo canal de auga, con menos dun kilómetro de distancia, que transcurre a través do estreito val do Mao, pero que merece apena deleitarse nel”, sinala.

 

Pasarela do Río Mao./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button