CulturaCulturaEn portadaEn Portada EntroidoEntroido 2020Última hora

A revista “Entroido en Galicia 2020”, que edita o Periódico O SIL, xa está na rúa

Publicidade
Portada da revista “Entroido en Galicia”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende hai uns días xa está en quioscos e librarías a edición do 2020 do monográfico “Entroido en Galicia. Onde ir. Que ver”, que edita o Periódico O Sil. Trátase dunha revista a todo cor de case 200 páxinas para achegarse ás principais referencias do Entroido ourensán, tanto rural como urbano, así como a algunhas das manifestacións carnavalescas máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal. Ademais, nesta edición damos un paso máis na celebración internacional desta festa e chegamos ata Italia.

Entre os seus diversos contidos inclúe estampas, amplas reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas a expertos e aos protagonistas da festa, artigos de opinión…

Se está interesado en coñecer o Entroido de Galicia e do norte de Portugal pode facerse coa revista “Entroido en Galicia” 2020, que xa está á venda nas diferentes librerías e quioscos do oriente ourensán, así como en Quiroga, e ademais pode mercarse en:

– Ourense: Quiosco Marcos, rúa Bedoya, 988 608 147

– Verín: Librería AZ, rúa Laureano Peláez S/N (Esq. Montemayor), 988 590 371

– Xinzo de Limia: Librería Galaica, Avenida de Ourense, 11, 988 460 355

– Laza: Estanco, rúa Barrio, 30, 988 422 128

– Santiago de Compostela: Quiosco San Roque, rúa San Roque, 11- Baixo, 981 063 263 /

Quiosco Concheiros, rúa dos Concheiros, 39, 981 562 692

– Pontevedra: Librería Paz, rúa Peregrina, 29, 986 860 471

– Bueu: Librería Miranda, rúa Pazos Fontenla, 35, 986 320 504

– Vigo: Librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, 986 221 439

 

Non quedes sen el!
Bo Entroido!

Artigos relacionados

Back to top button