ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

A ritmo de concerto nesta fin de semana, na V Festa do Casco Vello do Barco

 

A música era un dos referentes do programa da V Festa do Casco Vello do Barco, que se desenvolvía os días 16 e 17 de xuño tendo como escenario a praza Maior da vila. Así o venres 16 de xuño, arredor das 22 horas subíanse ao escenario os Wavy Gravies ante un numeroso público. Pouco antes da medianoite, ás 23:30h. tomaban o relevo musical The Bo Derek’s, unha banda liderada por Óscar Avendaño, ex compoñente de Siniestro Total. E xa á unha da madrugada chegaba o son do picadiscos Dj Dani Argü.

 

 

A música continuaba, cunha praza Maior chea de xente, a partir das 22h. con Nuevo Plan, unha banda de versións moi recoñecida que interpretaba coñecidas cancións de grupos pop-rock españois. Despois o Dj Dani Argü poñíalle son a madrugada, cunha actuación cuxo comezo estaba previsto para as 23:30h.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button